sábado, 16 de marzo de 2013

Non é simplemente mel.


  Débenos preocupar a desaparición das abellas? Esta pregunta ten fácil resposta, si. As abellas apórtannos máis que mel. A importancia da polinización é moi importante para a bioversidade e para todos.A desaparición das abellas é moito máis importante que quedarse sen mel. A gran maioría dos alimentos que nós consumimos, ou moitas plantas que ofrecen servizos enseciais nos ecosisemas, non serían posibles sen a polinización destos insectos. 
  A polinización é un proceso moi importante para a natureza xa que é un dos mutualismos máis fascinantes da natureza o que permite a fecundación das plantas. O papel da polinización é clave tanto na natureza como na economía Para producir alimentos en gran cantidade, sans e seguros para os consumidores é necesario fomentar a presenza de insectos polinizadores no campo.
 Dende fai anos a poboación de abellas domésticas e outros insectos caeu en picado.  As principais causas de este importante declive foi o cambio climático, a pérdida e deterioración de hábitats, prácticas da agricultura industrial, especies invasivas, contaminación do aire...En España non é unha importancia menor, xa que España é a maior productora de mel e polen de toda Europa. Por ista razón debería ser o principal interesado en que calquera tipo de ameaza para estos insectos os perxudique e asi impedir  que desaparezcan.
 Moitos apicultores perderon gran parte da súas colmenas e afirman que a principal causa foi o cambio climático, e a sequía en moito lugares. Einstein dixo: " Si a abella desaparecese da superficie do globo, ó home só lle quedarían catro anos de vida: sin abellas, non hai polinización, nin herba, nin animais, nin homes." Moi certa esta frase de Einstein, xa que un 80%  dos cultivos europeos dependen dos polinizadores como as abellas e a súa desaparición sería devastadora para a cadea agroalimentaria. Nós somos os causantes disto, nós somos os únicos que podemos solucionalo. Porque somos os humanos os que estamos acabando con nós mesmos.
Denise Varela Cornado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario